A auga
Consellos para aforrar auga
A auga é un ben escaso e un consumo excesivo pode desequilibrar a nosa contorna natural. Polo tanto, cómpre tomar conciencia do gran valor e utilidade que ten para ti e os teus. Sairás gañando no recibo da subministración e axudarás o medio ambiente, garantindo así o abastecemento presente e futuro.
Beneficios da auga
A auga é o principal e imprescindible compoñente do corpo humano. O corpo humano ten un 75 % de auga ao nacer e preto do 60 % na idade adulta. O cerebro contén un 75 % de auga; o sangue, un 92 %; os ósos, un 22 % e os músculos, un 75 %. Beber a cantidade adecuada de auga é vital para a túa saúde. Por que?
Calidade da auga
A calidade da auga determínase comparando as características físicas e químicas da mesma. O cloro, que é o axente desinfectante máis utilizado na rede de abastecemento, e a dureza, que mide a concentración de compostos minerais como poden ser o magnesio ou o calcio, son dúas das variables que determinan a calidade da auga.
Lexislación da auga
A xestión da auga é unha das actividades máis reguladas que existen. A Directiva Marco da Auga (DMA), da lexislación europea, establece que a auga deixa de considerarse exclusivamente como recurso e configúrase como un elemento básico dos ecosistemas hídricos e unha parte fundamental para o sostemento dunha boa calidade ambiental.
Ciclo integral da auga
O ciclo integral da auga é o constante percorrido da auga. A evaporación, condensación, precipitación, potabilidade, saneamento, depuración ou devolución á contorna son algunhas das fases que o completan, preservando o medio ambiente. FACSA leva máis de 140 anos traballando no ciclo da auga para que poidamos consumila e reutilizala.
Sabías que...?
A auga é… fonte de enerxía, recurso renovable, substancia reguladora da temperatura da terra, axente responsable da transformación das rochas e da paisaxe.
Se o 66 % do noso corpo é auga, no cerebro esa proporción alcanza o 93 %.